Síntome lonxe da miña terra,
do meu pai, do meu irmán, das miñas xentes…
Lonxe dos agarimos dunha nai que xa non está…
-Lonxe, tan lonxe como vós queirades imaxinar-.
Lonxe daquel mundo que xa non existe,
das choivas frías e das fogueiras -dos lumes do alma-
lonxe dos carballos e dos castiñeiros, das avelairas e das patacas…
Lonxe das meigas e das bruxas,
dos cánticos etílicos e dos pandeiros
-afinados sempre nas noites enxuitas-.
Lonxe, na lonxanía de vós,
nesta insoportábel lonxanía -case interminábel-
teño unha filla, unha nena preciosa, case unha mulleriña,
unha fermosa prenda, unha prenda fermosa,
que ben vale os cartos que me costou…
E non quero que me busque un día -ou unha noite-
cos ollos empapados en bágoas de lánguida e cruel incomprensión,
berrando por min, chamándome por aqueles lugares,
naqueles sitios -por aqueles tempos e espacios para ela infinitos-
nos que sempre me atopaba cando me miraba sorrindo…
¡Pai, irmán, xentes miñas…!
Comprendédeme…
¡Tedes que comprenderme!
Non quero que se lamente polas noites, nin tampouco polos días,
por non terme preto dela, polo brazo collido.
Nin que medre comparándose coas demáis sentíndose extrana,
pode que con medo, pode que avergonzada -ou mutilada-
por non ter un pai naqueles baleiros…
¡Pai, irmán, xentes miñas…!
¡Non quero eso para a miña filla!
Non quero que se quede soa, desamparada, empapada de dor…
-non quero eso para ela, nin hoxe nin mañán, nin outro día calquera-.
Non quero que se quede sen pai, sen a miña persoa,
igual que me quedei eu sin nai uns días antes daquela primaveira…
-Síntome lonxe, moi lonxe, tan lonxe como vós queirades imaxinar-.









